Resumo da reunión co Conselleiro de Educación

25.09.2020 08:43

Benqueridas familias,

o día 22 de Setembro mantivemos unha reunión co  Conselleiro de Educación, o Sr. Jesús Javier Celemín Santos, e dous dos seus membros de equipo, para trasladarlle diversas peticións do colexio e d@s nos@s soci@s. A continuación resumimos os temas tratados.

1 - COMEDOR
Interesámonos polo estado no que se encontran as obras, facendo fincapé na  importancia da ampliación, especialmente na situación actual. Dinnos que están a espera da aprobación de presupostos (para o próximo exercicio) e pendente de licitación polo que solicitamos que se revise e acelere poñendo como fecha de execución o verán do 2021.
Quedamos a espera de resposta.

2- Poñemos enriba da mesa a imperiosa necesidades de dispoñer de ESPAZOS CUBERTOS AO AIRE LIBRE, xa que seguimos pendentes da execución do patio cuberto por parte da Xunta. Fálase de varias ideas pero cremos que a de implantar unha carpa de xeito provisional sería unha solución eficaz e rápida, neste sentido baraxáronse varias formas de financiación quedando pendentes de presupostos.
Unha vez teñamos esa información conxuntamente ca dirección valorarase e trasladararase novamente o Concello.
Informaremosvos puntualmente do resultado destas xestións

3- FONDOS FEDERACIÓN E CONCILIACIÓN
Comentase a necesidade de reutilizar os fondos non gastados de federación nun programa a domicilio para cubrir as necesidades de conciliación das familias confinadas obrigatoriamente con nen@s non contaxiados. O conxelleiro tomou nota da petición e quedou en estudar o xeito de implementala sendo consciente desta demanda.
Quedamos á espera de contestación.

4- ACTIVIDADE GARDA E CUSTODIA
Volvemos a demandar que esta actividade se incorpore ó programa oficial de actividades, quedando deste xeito cubierta pola subvención do concello véndose reducido o seu custo, tendo en conta que este ano polo protocolo COVID hai que contratar dous monitores que pagan entre as familias usuarias.

5- CLÁUSULA COVID FEDERACIÓN
Se traslada de maneira enérxica o noso  total desacordo con esta cláusula, recibindo resposta inmediata da súa ilegalidade e da súa nulidade, corrixíndose na aplicación o mesmo dia.

6 - Por último trasladanse temas sobre reforzos de limpeza no colexio e de becas comedor que son solucionados na mesma reunión.

Moitas gracias.

ANPA RASA