ADQUISICIÓN DO NOVO MODELO DE CHÁNDAL DO COLE

Queremos comunicarvos que no noso afán por mellorar os servizos da ANPA, e ante a petición de moitos pais, contactamos cunha tenda de deportes na cidade da Coruña, co fin de facilitar a adquisición dos chándales para os nosos fillos, personalizado co logotipo do colexio bordado. Neste sentido asinamos un contrato coa tenda de DEPORTES SANREMO, situada na Rolda de Outeiro, 320 Baixo (goo.gl/maps/6DUxkFLYpox), onde teñen á venda os dous modelos de chándal escollidos para o noso colexio, podendo compralos a un prezo moi vantaxoso, previa identificación de socio do Anpa Rasa.

Os dous modelos escollidos son da marca Joma: un de poliéster (desde 3 a 12 anos) e outro de algodón con sudadera (desde 7 a 12 anos), ambos coa parte de arriba en cor vermella co bordado do noso colexio, e co pantalón en cor azul. Podedes velos na seguinte ligazón:

Modelo_chandal_ANPA RAMON DE LA SAGRA.pdf (297,1 kB)

A continuación describímosvos as táboas de prezos, (pódense adquirir por separado), para socios e non socios.

CHANDAL POLIESTER JOMA                 SOCIOS / NON SOCIOS

CHAQUETA COMBI VERMELLO:             14 € / 17 €

PANTALON NILO MARINO:                      13 € / 17,95 €

TOTAL DUAS PIEZAS:                           27 € / 34,95 €


CHANDAL ALGODÓN JOMA

SOCIOS NON SOCIOS

SUDADERA JOMA ATENAS VERMELLO: 21 € / 29 €

PANTALON PANTEON MARINO:            18 € / 20 €

TOTAL DUAS PIEZAS:                             39 € / 49 €

O feito de contratar cunha tenda da nosa cidade dános as vantaxes de poder comprar cando queirades durante todo o ano, de que a compra se pode facer dentro dun local onde se pode probar a mercadoría aos nenos, e de que desta maneira resulta moito máis sinxelo facer cambios se fose necesario. Doutra banda, informarvos tamén que por deferencia da tenda todos os socios do ANPA que así se identifiquen, gozarán ademais dun 10% de desconto nos demais produtos da tenda (salvo en referencias con ofertas xa existentes ou período de rebaixas).

Por último, facer fincapé que para poder acceder aos prezos de socios, é imprescindible identificarse co carné de socio debidamente actualizado no ano escolar en curso, polo que vos lembramos que estamos á vosa disposición no local do ANPA todos os martes en horario de 16:30 a 17:50 para poder actualizar os vosos datos referentes ao carné de socios. Por suposto na páxina web tedes todos os detalles dos modelos en cor.