Servizo de Conciliación 2020/2021 -  Comezo 1 de outubro de 2020

Benqueridas familias,

con data de comezo 1 de outubro de 2020 ofertarase, tamén como en anos anteriores, o espazo de conciliación de 14:00 a 15:00 h para aquelas familias que non poidan chegar a recoller ás súas crianzas ás 14:00 h, pero que non queiran inscribirse no comedor. O prezo está por decidir, xa que se verá afectado en función do número de nenos apuntados, e do cumprimento do protocolo COVID-19, polo que é posible que sexa necesario contratar outro monitor co fin de separar os grupos segundo idades. A partir do 1 de setembro ábrese o prazo de inscrición, simplemente enviando un escrito ao correo do ANPA (anparamondelasagra@gmail.com) co nome e apelidos do neno, idade, curso, días da semana que necesita o servizo, e horario escollido para a recollida do alumno (14:30 ou 15:00h). Infórmase de que, no caso de que haxa limitación de prazas, darase prioridade aos alumnos que necesiten todos os días de semana respecto doutros que necesiten menos días.

Leer mais: comunicado ás familias