Directiva

EQUIPO

27.10.2012 17:18

                                                  

Somos un grupo de nais e pais que facemos traballo voluntario na Asociación na medida do noso tempo dispoñible.

 

Os labores que desempeña o equipo son:

- Xestión de actividades extraescolares: tratar coa Federación de ANPAS e o Concello para manter Luditarde, rexistrar altas e baixas. Contactar con empresas para ampliar a oferta de actividades e organizalas. Por exemplo, tivemos un Seminario de Técnicas de estudo, o curso anual de natación para o 2º ciclo de Primaria, inglés, ábaco, manualidades, karts...

- Xestión do servizo de comedor e madrugadores: contratar empresa, facer seguimento do servizo, control de calidade e resolver incidencias.

- Atención ós socios a través de telefonía móvil e correo electrónico.

- Atención persoal todos os martes de 16:30 a 17:45 h e en días extraordinarios segundo as necesidades do servizo.

- Mantenemento e actualización permanente da web.

- Xestión das festas de entroido, día da familia e fin de curso así como o barrido e  recollida de lixo ao remate das mesmas.

- Elaborar e manter ó dia a base de datos.

- Comunicación contínua ca Dirección do Centro escolar.

- Organizar eventos que enriquezcan a oferta cultural do colexio.

- Organización de campamento urbán en Semana Santa (baloncesto).

- Deseño e impresión de carteis, circulares, entradas para festas, impresos dos servizos, etc.. 

- Asistir ás reunións do Consello Escolar, da Federación de ANPAS e do Concello.

- Estudar ás necesidades das infraestructuras do colexio, material deportivo, novas tecnoloxías, etc. e aportar o necesario según o presuposto dispoñible  ou contactar con Fundacións que doen o necesario e o Concello (por exemplo, renovación das porterías de fútbol, raquetas e pelotas para as clases de educación física, pintado e azulexado do comedor, casilleros para o ximnasio, pintado das estanterías da biblioteca, renovación da instalación eléctrica do cole, porta de seguridade e rampa de acceso ó comedor...).

- Organización e xestión do Banco de libros de texto.

- Xestións de tesoureiria: libro de contas, pagos de facturas,  subvencións de comedor dos usuarios, transferencias, etc..

- Contactar con empresas de chándals e camisetas, ofertar, reservar e entregar ós demandantes destas prendas.

Estatutos ANPA
Estatutos ANPA0001.pdf