Deroguemos a LOMCE. As razóns polas que non debes participar nas súas reválidas.

 

Noraboa a todas e todos, éxito compartido por todas as ANPAS que loitamos pola supresión das reválidas, ás mareas verdes que encheron as rúas de familias e alumnos/as como protesta e baleiramos as aulas o 26 de outubro.

Unha aperta

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/11/28/acuerdo-educacion-comunidades-reformar-revalidas/00031480351159841728979.htm

 

COMUNICADO DA PLATAFORMA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO DE GALICIA

 

 

(21/10/2016)

 

(16/10/2016)

                          

 

  

 

(03/10/2016)

  

 

(29/09/2016)

(18/05/2016)

Provas de avaliación de 3º de Primaria

ÁS ANPAS FEDERADAS:

A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña, diante da vindeira celebración os días 24 e 25 de maio das probas de avaliación de de Primaria quere manifestar novamente a súa oposición por consideralas inutiles e antipedagóxicas.

Despois dos datos de asistencia do alumnado galego ás probas de avaliación de sexto de primaria os pasados dias 11, 12 e 13 de maio, (con una abstención de preto dun 70% do alumnado de colexios públicos), quedou meridianamente claro que as familias, ANPAs e o conxunto da comunidade educativa galega amosou de modo inequívoco o seu rexeitamento ao modelo de educación que deseña a LOMCE e que se concreta na celebración de probas de avaliación externas en todas as etapas educativas; trátase dunha lei segregadora que concibe a educación de modo mercantilista e como unha carreira de obstáculos

Desde esta Federación, e desde a nosa Confederación, (CONFAPA), continuaremos a esixirlle á Administración educativa galega a impugnación e a paralización da realización destas probas e trasladamos o noso apoio e solidariedade a todas as familias que se neguen a permitir a realización das probas aos seus fillos e fillas, e instamos á paralización da LOMCE e á súa inmediata derrogación. Así mesmo facemos un chamamento conxunto coa Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia ao profesorado á colaboración coas familias que tomen a decisión de que os fillos/as non realicen a proba.

Achegamos o modelo de xustificante para facer chegar as familias que tomen a decisión de non presentar aos seus fillos e fillas ás probas externas de de Primaria, convocadas para os vindeiros días 24 e 25 deste mes de maio.

XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO.doc (23552)

Un saúdo. Xunta Directiva

 

(18/05/2016)

Valoración das probas de avaliación de 6º de primaria

16-05-16 Comunicado Plataforma Probas Avaliación .pdf (608461)

(18/04/2016)

Probas de avaliación de 3º e 6º EP

 

1 Rev.6º. ANPA solicitude Director.doc (32768)
1b Rev.6º. ANPA solicitude Presidente Consello Escolar.doc (33280)
2 Rev.6º pais solicitude Director.doc (31232)
3 Rev.6º pais solicitude Titor.doc (31744)
4 Rvda.6º. pais Ausencia resposta. Director..doc (20480)
5 Rvda.6º. pais Ausencia resposta do Titor.doc (31232)

 

 

(18/04/2016)

(18/02/2016)

Reválidas LOMCE

Escrito presentado na Consellería de Educación solicitando información sobre a proba de reválida ao finalizar a primaria e a proba de avaliación de 3º. Deixando constancia da nosa oposición a estas medidas e a LOMCE na súa totalidade. Foi enviado tamén aos medios de comunicación como nota de prensa.

 Nota de prensa 

(03/02/2016)

Recurso ante a Xunta. Axudas financiadas polo Fondo Social Europeo

Recursos presentados por CONFAPA-GALICIA (coa aprobación das Federación Provinciais), é o mesmo dirixido as dúas Consellerías e que teñen relación coa Orde de axudas para subvencionar actividades extraescolares das ANPAS:

 

(25/01/2016)

(09/12/2015)

Á atención da comunidade educativa

Convidamos a todas as persoas a participar nunha cadea humana en Malpica de Bergantiños (12 de decembro de 2015, ás 12 da mañá) a prol dunha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade.

Pretendemos, como explicamos na visita ao Parlamento Galego, que se elabore unha normativa que estableza cal debe ser a atención necesaria educativa para cada nena ou neno enfermos. A nosa demanda é fixar un estándar de 12,5 horas semanais.

Non hai ningunha razón que xustifique a desatención do alumnado con enfermidade de longa duración, vemos necesario fixar un protocolo de actuación que faga que esta atención se ligue á diagnose clínica, dun xeito automático e inmediato, de tal xeito que as accións educativas, na medida na que as necesidades médicas o permitan, non se vexan cortadas en ningún momento.

Por iso, instamos a que a consellaría de Educación convoque unha comisión onde esteamos presentes todos os posibles actores destas situacións, profesorado, familias, administración sanitaria e educativa, ademais de profesionais das ciencias da educación.

Todas e todos somos conscientes que a actual situación da atención educativa hospitalaria e domiciliaria está abandonada e falta de coordinación. Iso implica que o alumnado en situación de longa enfermidade leven como pena accesoria un retraso na súa formación académica e a separación da súa propia xeración de referencia.

E, debido a que iso non podemos aceptalo como nais e pais, pretendemos reivindicar por unha nova vía unha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade: a cadea humana en Malpica de Bergantiños o 12 do 12, ás 12.

(04/12/2015)

Resposta Sanidade á vacina meninxite

Resposta Sanidade á vacina meninxite.pdf (384615)

 

(25/11/2015)

El Gobierno aprueba el Real Decreto que regula las características de la evaluación final de Primaria

Aprobado o RD que regula as características da evaluación final de Primaria.
Estaremos atentos ao seu desenvolvemento en Galicia

https://www.mecd.gob.es/prensa-mecd/actualidad/2015/11/20151120-evalua.html

 

(22/11/2015)

(12/11/2015)

POSICIÓN VACINA MENINXITE B

 

 

CURSO 2014-2015