CÓXEGAS 2020/2021

AVISO: esta actividade non se poderá levar a cabo no presente mes de setembro de 2020 polo baixo número de nenos apuntados.

 

É un programa que, baixo o principio e a pedagoxía do ocio, pon en práctica un paquete global de actividades relacionadas cun centro de interese urbán, con algunha situación relevante ou ligado a temas transversais (educación vial, para a paz, para a saúde, medio ambiental, cívica...) a partires dos cales desenvolveránse as distintas áreas de contido: Animación Teatral, Animación á Lectura, Lóxica Matemática - Xadrez, Producións Plásticas, Música, Actividades Motrices e/ou Deportivas e Novas Tecnoloxías. De luns a venres de 16 a 18:00 h. Cóxegas desenvólvese nos meses de setembro e xuño, mentres que Luditarde ten lugar durante o resto do curso.

 

LUDITARDE 2020/2021:

estamos a traballar coa Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos da Coruña, para ofertar a partir do 1 de outubro unha única actividade extraescolar que cubra e garanta as necesidades de conciliación de todas as familias que o soliciten, para todas as idades, e en horario de luns a venres de 16:00 a 18:00 horas. Esta negociación vén derivada da decisión da Federación de eliminar do seu programa a actividade de LUDITARDE, circunstancia que motivou un escrito desta Directiva mostrando o noso desacordo e a pouca conveniencia dunha reestructuración deste tipo nun ano de pandemia. No que se está traballando actualmente entre ambas partes, é na organización dunha actividade similar a Luditarde, pero na que se organicen “grupos de convivencia” por idades, de tal maneira que un único monitor poida impartir diferentes actividades aos mesmos nenos durante toda a semana, evitando así cruces e mesturas entre grupos distintos.

Leer más: Comunicado ás familias