Comunicado ás familias

16.09.2020 17:05

Benqueridas familias,

dende a ANPA queremos suscribir a mensaxe de tranquilidade emitida dende o centro.
A ANPA ven traballando conxuntamente ca dirección do centro, no referente a posibles contaxios e contaxios confirmados, priorizando, como non podía ser doutro xeito, a información e pasos a seguir primeiro ás familias afectadas. Existindo, por tanto, moi boa comunicación ca dirección e estando informados en todo momento das posibles situacións que se poidesen dar. Cumprindo cos protocolos dictados tanto pola Xunta de Galicia como polo Ministerio de Sanidad.