BOLSAS COMEDOR

28.03.2020 09:50
Estimadas familias:
 
A Xunta xa ingresou na conta da Anpa o importe da subvención de comedor correspondente ao curso 2018-2019. A lista dos beneficiarios e os importes individuais están publicados no taboleiro da ANPA. Lembrade que soamente teñen dereito a subvención os alumnos que asistiron a comedor o curso pasado.
Como en anos anteriores, é posible doar toda ou parte da subvención á ANPA. No caso de doazón parcial, é imprescindible cubrir o apartado do nº de conta para realizar a transferencia bancaria polo importe correspondente.
 
Por motivos do confinamento, o documento aquí vos achegamos (FORMULARIO) deberá achegarse vía mail antes do día 31 de Maio de 2020. Si nesa data non recibimos o impreso, entendemos que doades o importe á ANPA. As transferencias correspondentes realizaranse a partir do 5 de Xuño.
 
A transferencia será gratuita para as contas de Abanca. Para os que teñades outro banco, descontaranvos a comisión correspondente.
 
Grazas pola vosa colaboración.
Un cordial saúdo.