CADRO ACTIVIDADES CURSO 2019/2020

26.09.2019 11:30

Benqueridas familias, as actividades que finalmente sairán ofertadas para este curso 2019/2020 podédelas ver no cadro que achegamos. Todos os nenos que se apuntaron están admitidos.

 

Como podedes ver hai varias actividades que caeron por falta de demanda, son as seguintes:

  • Capoeira
  • Creacomic
  • Jumping
  • Ludi jumping
  • Piano
  • Ponte al día

O resto das actividades sí arrancarán o vindeiro 1 de Outubro.

Recordarvos que os links da nosa web para matricularse nas actividades seguirán activos, agás nas actividades que xa completaron cupo que son:

  • Zumba.
  • Inglés:
    • Infantil Mércores
    • Primaria 4º,5º e 6º Venres

Para calqueira dúbida ou aclaración quedamos a vosa disposición.

ACTIVIDADES DE DEPORTE NO CENTRO

Como novidade este ano ofrecémosvos dúas modalidades de inscripción para as actividades de Deporte no Centro:

- On line: disponible a partir do día 2 de setembro. Cubrir unha inscrición por alumno/a na seguinte ligazón (imprescindible cubrir os datos de domiciliación bancaria): https://forms.gle/ioajbL29PiKRHxjKA

- Presencial: 16 e 17 de setembro de 9 a 10:30 h. Aquí podedes descargarvos a folla de inscrición.

NOTA: En ambos casos o pago será por domicialiación bancaria. 

              

 

INGLÉS - JUNGLE WORLD

As clases de inglés desenvólvense nas propias instalacións do noso centro. No conleva pago de matrícula, materiais ou análogos. Simplemente requerirá o abono das cuotas mensuais que establécense a continuación:
20 €/mes por neno/a para 1 hora semanal de clase
40 €/mes por neno/a para 2 horas semanais de clase

Esta tarifa é especial e única para os asociados á ANPA do CEIP Ramón de la Sagra nos grupos específicamente creados para iso no seu propio centro escolar. Aquí podes descargar toda a información sobre esta actividade e a folla de inscrición:

   

 

LUDI-JUMPING, PEQUECHEF, CREACOMIC, TEATRO

*A actividade "Ponte al día" finalmente non poderá levarse a cabo así que será reemplada por outra. Comentarémolo na reunión de presentación das actividades do día 12 (16:30-18:00 h).

Aquí podes descargar a folla de inscrición para estas actividades:

ROBÓTICA

Martes 17-18h; 29 €.

 

GUITARRA, PIANO, DANZAS URBANAS (PRESTO VIVACE)

15€/mes (1h semanal)

Martes 16-17h Guitarra Española/Eléctrica

Jueves 17-18h. Piano Colectivo

Viernes 16-17h Danzas Urbanas

SONICREQUES

 

LINGUAXE DE SIGNOS