Entradas Curso 2016 - 2017

CURSO 2016-17

18.02.2017 01:56

(22/04/2016)

Listaxe provisional alumnado admitido e excluido para o curso 2016-2017

www.edu.xunta.es/centros/ceipramonsagra/

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (ata o 28 de abril inclusive) ante o Consello Escolar do Centro

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2016-17

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:

         

NORMATIVA REGULADORA DE ADMISIÓN:

 

 

 

 

 

(18/02/2016)

Admisión alumnado Curso 2016-17 - Xornadas de portas abertas

                                      

                  


 

 

(22/04/2016)

Información sobre as reválidas

 

(14/06/2016)

Convocatoria Asamblea Ordinaria 2015-2016

 

Festa inchables 2015-2016

Recordamos que podedes coller a vosa entrada: luns 6 e martes 7 de 16:15 a 17:45 h no comedor.

A entrada da dereito a merenda pero soamente para as mercadas anticipadamente. As mercadas o día da festa non teñen merenda. 

Socios de balde. Non socios 5€. Menores de tres anos non pagan (sen merenda).

Os socios que queirades a merenda deberedes de coller a entrada igualmente luns ou martes.

Recordámosvos que non se pode comer dentro do recinto e que tampouco se permite a entrada con tacóns. Lembrade tamén que os nenos han de levar calcetíns.

 

(31/05/2016)

TORNEO ANPAs A CORUÑA 2016

Este fin de semana participamos nos torneos de Fútbol e Baloncesto das ANPAs A Coruña 2016.

O resultado foi:

FÚTBOL SALA


Prebenjamines (1º y 2º de primaria): terceiros

Benjamines (3º y 4º de primaria): primeiros

Alevines (5º y 6º): Terceiros y cuartos

BALONCESTO


Prebenjamines: segundos

Benjamines: segundos

Alevines: Terceiros y cuartos

Máis información

Fotos

 

(31/05/2016)

Noraboa aos gañadores!!!

 

(27/05/2016)

          

 

(20/05/2016)

Remate actividades Luditarde e Deporte no centro

Comunícannos dende o Concello que foron aprobados finalmente os orzamentos municipais do 2016.

https://www.coruna.es/servlet/Satellite?pagename=CorunaPortal/Page/Generico-Page-Generica&cid=1421634029670&argIdioma=es&itemID=1453592701596&itemType=Suceso

Así pois, reiteramos que a data de finalización dos programas Deporte no Centro, POE e Luditarde, para aquelas ANPAs que así o desexen, será finalmente o 17 de xuño.

 

(12/05/2016)

Noite no cole

 

(09/05/2016)

XX Mostra de Actividades Culturais

(02/05/2016)

ENQUISA EXTRAESCOLARES

Queremos coñecer os vosos intereses para contemplar outras actividades complementarias, tanto municipais como privadas. Podedes descargarvos a enquisa aquí:

Enquisa Extraescolares Ramón de la Sagra.pdf (83,1 kB)

PRAZO DE ENTREGA: 10 maio no buzón da ANPA

(16/04/2016)

CAMPAMENTOS VERÁN 2016 ÁGORA/FÓRUM METROPOLITANO

Dossier Campamentos de Verano 2016

                      

(11/04/2016)

Acción de Verán 2016: Campamentos Xunta de Galicia

 

(14/04/2016)

(05/04/2016)

Convocatoria municipal de Bolsas de comedor 2016-2017

bop_comedor.pdf

Anexo 1 Declar. responsable. 2016-2017.pdf

Anexo 2 (autoriz. datos AEAT) 2016-2017.pdf

(10/03/2016)

Benqueridas familias:

Xa temos finalista para representar a Anpa do centro na XX Mostra de Actividades Culturais da Federación Provincial de Anpas, no Forum Metropolitano no mes de maio.

                                                                                                              Alba González Bellett    Curso: 2º EP
Temos que dar as grazas a tódolos nenos participantes, e  tamén ás profes que fixeron de xurado. Agradecemos moito a súa colaboración dada a dificultade da labor; a elección dun só finalista non é grata cando hai moitos merecedores de selo. Pero así son as cousas, e as profes prestáronse amablemente aceptando a petición da Anpa .

Tódolos nenos participantes teñen un agasallo agardando por eles no local da Anpa, e poden pasar a recollelo calquer martes pola tarde. (Se non puideran achegarse, facédenolo saber)

O noso finalista recibirá este agasallo igualmente, e terá outro na Clausura da Mostra entregado polos organizadores do evento.

 

 

(05/02/2016)          

Aprobación partida orzamentaria do convenio

Comunicado Federación ANPAS:

Decirvos que hoxe día 2 de febreiro na Xunta de Goberno do Concello da Coruña, en sesión extraordinaria, foi aprobada con carácter excepcional, a partida orzamentaria de 130.000 € destinada á Federación (e por ende ás ANPAS e ás familias) para dar continuidade aos programas educativos; segundo o convenio provisional previo ao que se asinará unha vez sexan aprobados os orzamentos xeráis.

 

(04/02/2016)          

Comunicado Extraescolares

(01/02/2016)

(26/01/2016)

                   

(17/12/2015)

Abanca Resuena

Benqueridas familias:

Adxuntamos información e ficha de inscripción sobre o proxecto social e gratuito que quere involucrar a todos os rapaces, de 5 a 17 anos de idade, dos diferentes barrios de A Coruña, que estean interesados en aprender, vivir e compartir novas experiencias no mundo da música.

 Non é preciso ter coñecemento musical previo nin dispoñer de instrumentos.

Saúdos

             

A Banca Resuena0001.pdf (1,2 MB)



 

 

(15/12/2015)

Espectáculo Mago Martin Camiña

                               

(01/12/2015)

Campamento Nadal 2015

 

(09/12/2015)

Torneo Nadal 2015. Fútbol Sala. Colexios públicos.

 

Cuadro de partidos

 

 

(05/12/2015)

Torneo Nadal 2015. Fútbol Sala. Colexios públicos.

 

 

(12/11/2015)

POSICIÓN VACINA MENINXITE B

Xuntamos escrito dirixido á Consellería de Sanidade solicitando cita co Conselleiro , para falar do que está acontecendo co desabastecemento da vacina contra a meninxite B e a preocupación de CONFAPA-GALICIA, que é a nosa, por non estar incluida no calendario de vacinación de xeito gratuito.

151104 AO CONSELLEIRO SANIDADE MENINXITE B.pdf (234,1 kB)

(11/11/2015)

SEGUNDA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 

 

                                    

O 10 de Novembro publicouse no DOG unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

Non pode solicitar a axuda ningunha persoa que xa o tivese feito no prazo anterior, que rematou o mes pasado.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde:

www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151110/AnuncioG0164-041115-0002_gl.html

SEGUNDA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR.pdf (15,6 kB)

 

(22/10/2015)

COMENZAN AS MERENDAS CON CONTOS PARA NENOS DE 3 A 7 ANOS NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

Bibliotecas Municipais da Coruña:

 

"Queridos pais e nais:

Iniciamos unha nova tempada do programa “Merendas con contos” para nenos de 3 a 7 anos. Peluxe e Plumas convidan a todos aqueles que queiran asistir a unha suculenta merenda. O menú, como non! contos de aquí e de alá, de antes e de agora, que lles contaron ou que leron. Peluxe e Plumas cantan, contan, dramatizan e orientan estes encontros á procura de estratexias que provoquen a lectura en familia.

Podedes retirar as invitacións unha semana antes da celebración do contacontos a partir das 10 h. a través da nosa páxina web https://www.coruna.es/bibliotecas  ou acudindo a algunha das nosas bibliotecas.

Achegámosvos un calendario coa programación completa para que non perdades ningunha e se tedes algunha dúbida, escribide a bibliotecas@coruna.es

Información Inicio curso 2015/2016

(Setembro 2015)

Aberto o prazo para solicitar Luditarde e Natación (3º e 4º) ata o día 17:

Os vindeiros luns 14, martes 15, mércores 16 e xoves 17 de setembro, de 16:15 a 17:45h, atenderemos no comedor as solicitudes de inscrición nos servizos de LUDITARDE e NATACIÓN para o presente curso. Ambas actividades comezan en outubro.

Matrícula: de balde para socios  /  25 € por usuario para non socios.

Cómpre presentar:

·  impreso de inscrición na actividade correspondente (recóllese no comedor).

·  xustificante de ingreso ou transferencia da cota de socio (20 € por familia) ou do importe da matrícula na conta da ANPA en Abanca de (ES24 2080 0068 7130 4000 3024). Rogamos que figure o nome da alumna ou alumno. Tamén se pode pagar en metálico no comedor (pregamos traiades os cartos xustos).

 

LUDITARDE

Trátase dun conxunto de actividades lúdicas, desenvolvidas pola Federación das ANPA de Centros Públicos da Coruña, que se artellan en torno a temas coma a educación para a saúde, a educación vial, o ambiente etc. A raíz deses contidos vanse desenvolvendo tódalas actividades: dinamización teatral, animación á lectura, música, actividades motrices, prácticas deportivas, informática...

O horario será de 16.00 a 18.00h, de luns a venres, e inclúe aos nenos de 3 a 12 anos.


NATACIÓN (só para 3º e 4º de primaria).

Desenvólvese os martes en horario de 16:45 a 17:30h durante os meses de outubro a maio no Complexo Deportivo de San Diego. Hai un autobús que os vén recoller ao cole. As prazas son limitadas (15) e serán sorteadas entre os inscritos. O sorteo efectuarase o día 17 de setembro ás 17:00 horas no comedo. A asignación realizarase de forma correlativa (número agraciado e os catorce seguintes).

Prezo por alumno e curso: 53,47€ pagadoiros no momento da inscrición. Para levar a cabo o sorteo será necesaria a colaboración de dous pais/nais que non sexan membros da Directiva da ANPA.

Tamén continuaremos recollendo as altas ou renovacións de socio. Lembrade que a documentación tamén a podedes deixar na caixa do correo da ANPA.

Podedes encargar nestes días o chándal do cole. Haberá que facer a reserva e pagalo en efectivo nese momento. Temos á vosa disposición chándales de proba de tódolos talles. Lembramos que soamente faremos un pedido en todo o curso.

O prezo será de 20€ para os socios e 25€ para os non socios.

 

BANCO LIBROS 3º

As doazóns feitas polas familias á ANPA sortearanse o martes 15 ás 16:30 no comedor. O sorteo realizarase entre tódolos solicitantes que teñamos e por materias. Dado que temos poucos exemplares parece máis xusto ir repartindo por materias en vez de por lotes completos.

Unha vez rematado o curso haberá que devolvelos á ANPA por se fose preciso repartilos no curso seguinte.

Os libros de 5º curso (temos menos de 10 libros diferentes) levaranos as profes deste curso.

Informaremos do prazo de inscripción para as demais ACTIVIDADES nuns días.

Lembrade que as familias socias da nosa ANPA tamén poden inscribirse nas actividades do CEIP MARIA PITA.

 

Grazas e saúdos.

RENOVACION CUOTA SOCIOS E SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES 2015/2016  
(Xuño 2015)
Informamos de que xa se pode renovar a cota de socio e o servizo de comedor e madrugadores. Podedes recoller os impresos no comedor  ou  descargalos  da  web.  O  importe  da  cota  anual  para  socios  da  ANPA  é  de  20€  (só  se  pagará  unha  cota  por  familia). 

Pódese  ingresar  en  ABANCA  na  conta  nº  ES24  2080  0068  7130 4000 3024  e  traer  o  xustificante  do  pagamento  ou  ben  pagalo  en  efectivo na ANPA no momento de presentar o impreso.  

Estaremos no comedor da ANPA o luns e martes, 15 e 16 de xuño, de 16:15 a 17:45h.  

 

LUDITARDE  

Luditarde  renovarase  en  setembro  xa  que  a  actividade  ten  previsto  comezar  no  mes  de  outubro,  e  aínda  non  dispoñemos  dos impresos correspondentes. En setembro tamén se faran as inscripcións para as demais actividades.  

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

1.—DESTINATARIOS:

Todo o alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que teñan unha renda pér cápita igual ou inferior a 5.400 €. 

2.—PRAZOS:

Prazo de presentación de solicitudes: Do 2 de setembro ao 1 de outubro de 2015 Unha vez que a solicitude estea debidamente tramitada, o centro xerará un vale que será entregado ao solicitante

3.—DOCUMENTACIÓN:

Presentarase orixinal e copia da documentación. No caso de que a presentación non se faga no centro, deberá presentar orixinal ou copia debidamente compulsada.

Documentos:

a) Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar cando non autoricen a consulta telemática.

b) Cando non autoricen a consulta telemática, presentarase copia da declaración da renda do 2013, e no caso de non ter a obriga de facela, certificado de facenda no que consten os ingresos de todos os membros computables da unidade familiar.

c) Copia do Libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar. No suposto de non ter libro de familia ou se a situación familiar, a dia 31 de decembro de 2013 non coincidise coa reflectida no libro, terá que presentarse documentación que acredite os membros da unidade familiar, tales como: sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do alumno; certificado ou volante de convivencia; informe dos servicios sociais que acredite a situación familiar.

d) No caso de discapacidade dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude, ou do alumno/a igual ou superior ao 33% e inferior ao 65% deberá presentarse un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia a 31 de decembro de 2013:

   • certificado de minusvalía igual ou superior ao 33%,

   • resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou

   • documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

e) No caso de violencia de xénero no ámbito familiar: documentación acreditativa.

4.—CONTÍA DAS AXUDAS: 

50 € para material escolar, que poderá utilizarse no establecemento da súa elección ata o 31 de outubro de 2015.

                                                ANUNCIO OFICIA L NO DOG

 

ACLARACIÓN SOBRE AS AXUDAS PARA LIBROS DA XUNTA

Ante a confusión creada pola tardía publicación por parte da Consellería de Educación dunhas imprecisas e caóticas Ordes que regulan as axudas públicas para libros de texto, intentamos axudar a clarificar o asunto:

 

1.      AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO EN 1º, 2º, 4º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

—Regúlanse máis ou menos coma as do ano pasado.

—O impreso para presentar é este: solicitude axuda libros.

—Pódese entregar até o 1 de xullo no colexio.

—Máis información sobre requisitos e documentación que hai que achegar aquí.

Orde que regula esta axuda.

 

2.       FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA 3º E 5ª:

—Só poderán ter acceso a este banco, mal chamado solidario, as familias que percibisen a axuda para libros do curso 2014/2015.

—As solicitudes presentarase no colexio por medio deste formulario: solicitude fondo libros.

—Prazo: até o 30 de xuño.

—Máis información sobre requisitos e documentación que hai que achegar,  aquí .

 Orde que regula esta axuda .

 

Á parte de que esta nova regulación é un paso máis no desmantelamento da educación pública gratuíta e universal, o precipitado e chafalleiro da súa redacción vai provocar en moitos casos que os bancos públicos de libros non teñan exemplares suficientes para o número de familias que gozaron de axuda no curso anterior. E a Consellería pretende que o resto de familias solucionemos este problema doando os libros que compramos cos nosos cartos ao Banco de Libros público. É dicir, queren que financiemos co noso diñeiro as axudas para libros que deberían sufragar eles co que pagamos a través dos impostos. Ademais, este ano as editoriais aseguran que non van imprimir novos exemplares dos textos de 3º e 5º en caso de que a Xunta decida non cambialos.

 

Para paliar isto, a ANPA recollerá os libros de 3º e 5º das familias que non recibiron axuda no curso anterior e que queiran doalos para ser repartidos posteriormente de maneira gratuíta e solidaria. Estaremos no comedor o luns, 22 de xuño, de 10:00 a 14:00.

 

Este é o panorama que nos ofrece a Lomce: recortes, reválidas, competitividade insá, eliminación da gratuidade dos libros... Unha lei feita polos que aborrecen o ensino público. Agardamos que se teñan que ir antes de que a destrúan por completo.

 

AXUDAS PARA LIBROS DA XUNTA

O 1 de xuño, publicouse no DOG a ORDE do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2015/16.

 

O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado matriculado no ano académico 2015/16 nas ensinanzas e cursos obxecto desta convocatoria é o seguinte:
a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: un mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.

c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.

d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2016.

 

Orde reguladora:
https://www.edu.xunta.es/web/node/14932

 

Impresos de solicitude:
https://www.xunta.es/formularios/generarPlantillaPDF?conselleria=ED&procedimiento=330B&version=0.0&idioma=gl_ES


 

APROBADA A DOAZÓN PARA A BIBLIOTECA

 

Na asemblea realizada o 5 de marzo as familias presentes aprobaron por maioría a doazón de 620€ para a compra de cadeiras para a biblioteca que solicitara a Dirección do colexio. Esta cantidade completará o necesario para rematar a remodelación da biblioteca e complementará a subvención da Xunta.

Aproveitamos para informar de que desde a ANPA xestionouse a instalación de mosquiteiras en tódalas ventás do comedor, tal e como esixía Sanidade. Foron custeadas polo concello..

 

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2015/2016

 

En breve se iniciará o proceso de admisión de alumnado nos centros escolares sostidos

 con fondos públicos. O prazo de solicitude de praza será do día 1 ao 20 de marzo.

Achegámosvos a normativa e os impresos necesarios nas seguintes ligazóns:

 
 
 
MAPA DE INFLUENCIA DE CENTROS PÚBLICOS (premer para descargar):