Por que debemos falar sobre sexualidade cos nosos fillos?

Os nenos/as e adolescentes, teñen curiosidade por natureza, polo que obterán as respostas ás súas preguntas.
O problema é de quen, de que forma e como. Será a información correcta para evitar danos e/ou desinformalos aínda máis?

É valioso e fundamental que os adultos lles dean información, falándolles aberta, concretamente e en forma honesta sobre estes temas que son importantes na súa vida. Se evitamos falar de temas emocionalmente delicados eles/as aprenderán a gardarse as súas preocupacións, se ignoramos temas como o aborto, a masturbación, a pornografía, a SIDA, o sexo en xeral, conseguirán información de alguén máis, talvez os seus amigos/as, quen estarán en iguais ou peores condicións que eles ou de internet, podendo obter información distorsionada ou acceder a paxinas con contidos non adaptados á súa idade.


Estas son pautas xerais que convén seguir para tratar a educación afectivo-sexual coas rapazas e rapaces:


Temos que ter a información suficiente: antes de ofrecer un consello sobre determinado tema debemos informarnos.

Debemos ofrecer confianza: evitar esaxerar a verdade para causar impresión ou deformala para evitarlle incomodidade ao menor ou a nós mesmos.

Sexamos breves e claros, utilizando unha linguaxe adapatada á súa idade.

Respectemos a súa opinión: interesarse polo que pensan no canto de dicirlles o que deben facer ou opinar.

Evitemos enfadarnos: se perciben que estes temas nos poñen de mal humor, sentirán menos confianza en nós evitando formular as súas preguntas.

Convén que examinenos as nosas propias actitudes, os nosos sentimentos sobre os temas sexuais.

Mostra unha actitude amorosa: contribúe a que entendan mellor e poidan enfrontarse a temas que lles provocan confusión ou temor.


Para ter en conta:
  • Canto máis pequenos/as sexan mellor é para comezar falar.
  • O que ignoran pode danalos.
  • Se un non contesta buscarán outro lugar.
  • Hai que esforzarse para ser adultos "preguntables".
  • Demostrarlles confianza en nós e eles mesmos; evitar xulgar, rirse ou castigar.
  • Mostrarnos gustosos de que nos pregunten.
  • Non sexamos dramáticos.
  • Se evitamos os temas, afaranse a gardarse as súas preocupacións.


(Fonte: Blog do CEIP Isidro Parga Pondal e AGaSEX, Asociación GAlega para a Saúde sEXual)

 

RECURSOS E DOCUMENTOS SOBRE AFECTIVIDADE, SEXUALIDADE, DIVERSIDADE, IGUALDADE... DIRIXIDOS AOS NENOS

Educación sexual (de 0 a 6 anos).

Educación sexual (de 6 a 12 anos).

Guía contra a violencia de xénero na familia e na escola.

Falamos de sexualidade cos nosos fillos?

Bibliografía para ler cos nosos fillos.

Guía sobre diversidade afectiva e sexual.