Deroguemos a LOMCE. As razóns polas que non debes participar nas súas reválidas.
Noraboa a todas e todos, éxito compartido por todas as ANPAS que loitamos pola supresión das reválidas, ás mareas verdes que encheron as rúas de familias e alumnos/as como protesta e baleiramos as aulas o 26 de outubro. Unha aperta |
![]() |
(21/10/2016)
(16/10/2016)
(03/10/2016)
(29/09/2016)
(18/05/2016)
Provas de avaliación de 3º de Primaria
ÁS ANPAS FEDERADAS:
A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña, diante da vindeira celebración os días 24 e 25 de maio das probas de avaliación de 3º de Primaria quere manifestar novamente a súa oposición por consideralas inutiles e antipedagóxicas.
Despois dos datos de asistencia do alumnado galego ás probas de avaliación de sexto de primaria os pasados dias 11, 12 e 13 de maio, (con una abstención de preto dun 70% do alumnado de colexios públicos), quedou meridianamente claro que as familias, ANPAs e o conxunto da comunidade educativa galega amosou de modo inequívoco o seu rexeitamento ao modelo de educación que deseña a LOMCE e que se concreta na celebración de probas de avaliación externas en todas as etapas educativas; trátase dunha lei segregadora que concibe a educación de modo mercantilista e como unha carreira de obstáculos
Desde esta Federación, e desde a nosa Confederación, (CONFAPA), continuaremos a esixirlle á Administración educativa galega a impugnación e a paralización da realización destas probas e trasladamos o noso apoio e solidariedade a todas as familias que se neguen a permitir a realización das probas aos seus fillos e fillas, e instamos á paralización da LOMCE e á súa inmediata derrogación. Así mesmo facemos un chamamento conxunto coa Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia ao profesorado á colaboración coas familias que tomen a decisión de que os fillos/as non realicen a proba.
Achegamos o modelo de xustificante para facer chegar as familias que tomen a decisión de non presentar aos seus fillos e fillas ás probas externas de 3º de Primaria, convocadas para os vindeiros días 24 e 25 deste mes de maio.
XUSTIFICACIÓN DE AUSENCIA DE ALUMNADO AO CENTRO EDUCATIVO.doc (23552)
Un saúdo. Xunta Directiva
(18/05/2016)
Valoración das probas de avaliación de 6º de primaria
16-05-16 Comunicado Plataforma Probas Avaliación .pdf (608461)
(18/04/2016)
Probas de avaliación de 3º e 6º EP
1 Rev.6º. ANPA solicitude Director.doc (32768)
1b Rev.6º. ANPA solicitude Presidente Consello Escolar.doc (33280)
2 Rev.6º pais solicitude Director.doc (31232)
3 Rev.6º pais solicitude Titor.doc (31744)
4 Rvda.6º. pais Ausencia resposta. Director..doc (20480)
5 Rvda.6º. pais Ausencia resposta do Titor.doc (31232)
(18/04/2016)
(18/02/2016)
Reválidas LOMCE
Escrito presentado na Consellería de Educación solicitando información sobre a proba de reválida ao finalizar a primaria e a proba de avaliación de 3º. Deixando constancia da nosa oposición a estas medidas e a LOMCE na súa totalidade. Foi enviado tamén aos medios de comunicación como nota de prensa.
(03/02/2016)
Recurso ante a Xunta. Axudas financiadas polo Fondo Social Europeo
Recursos presentados por CONFAPA-GALICIA (coa aprobación das Federación Provinciais), é o mesmo dirixido as dúas Consellerías e que teñen relación coa Orde de axudas para subvencionar actividades extraescolares das ANPAS:
(25/01/2016)
(09/12/2015)
Á atención da comunidade educativa
Convidamos a todas as persoas a participar nunha cadea humana en Malpica de Bergantiños (12 de decembro de 2015, ás 12 da mañá) a prol dunha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade.
Pretendemos, como explicamos na visita ao Parlamento Galego, que se elabore unha normativa que estableza cal debe ser a atención necesaria educativa para cada nena ou neno enfermos. A nosa demanda é fixar un estándar de 12,5 horas semanais.
Non hai ningunha razón que xustifique a desatención do alumnado con enfermidade de longa duración, vemos necesario fixar un protocolo de actuación que faga que esta atención se ligue á diagnose clínica, dun xeito automático e inmediato, de tal xeito que as accións educativas, na medida na que as necesidades médicas o permitan, non se vexan cortadas en ningún momento.
Por iso, instamos a que a consellaría de Educación convoque unha comisión onde esteamos presentes todos os posibles actores destas situacións, profesorado, familias, administración sanitaria e educativa, ademais de profesionais das ciencias da educación.
Todas e todos somos conscientes que a actual situación da atención educativa hospitalaria e domiciliaria está abandonada e falta de coordinación. Iso implica que o alumnado en situación de longa enfermidade leven como pena accesoria un retraso na súa formación académica e a separación da súa propia xeración de referencia.
E, debido a que iso non podemos aceptalo como nais e pais, pretendemos reivindicar por unha nova vía unha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade: a cadea humana en Malpica de Bergantiños o 12 do 12, ás 12.
(04/12/2015)
Resposta Sanidade á vacina meninxite
Resposta Sanidade á vacina meninxite.pdf (384615)
(25/11/2015)
El Gobierno aprueba el Real Decreto que regula las características de la evaluación final de Primaria
Aprobado o RD que regula as características da evaluación final de Primaria.
Estaremos atentos ao seu desenvolvemento en Galicia
https://www.mecd.gob.es/prensa-
(22/11/2015)
(12/11/2015)
POSICIÓN VACINA MENINXITE B