NOVA AVALIACIÓN EN 3º DE PRIMARIA (LOMCE)

 

No artigo 20.3 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE), modificada pola Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), establécese a realización dunha avaliación, de carácter diagnóstico, en terceiro curso da Educación Primaria, indicando que “os centros docentes realizarán unha avaliación individualizada a tódolos alumnos e alumnas ao rematar o terceiro curso de Educación Primaria”. Esta avaliación desenvolverase segundo dispoñan as administraciones educativas e “comprobará o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática”.

Coa finalidade de ofrecer información e orientación á comunidade educativa, ofrécese un modelo de probas completas para a avaliación de terceiro curso de Educación Primaria, e o Marco Xeral desta avaliación desenvolvido en colaboración por 14 administracións educativas e o MECD, ademais da inestimable axuda da IEA.

(Ligazón á paxina do Ministerio.)

Material para o alumnado
 Material para o profesorado
Marco General de la evaluación tercer curso de Educación Primaria 
 


NO RAMÓN DE LA SAGRA SÓ UN 10% DO ALUMNADO REALIZOU A REVÁLIDA DE 3º DE PRIMARIA. UNHA BOA NOTICIA PARA OS DEFENSORES DUN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE E UNHA LEI DISTINTA DA ACTUAL.